A pastoral é un eixe vertebral no vivir do noso Centro. Promove o itinerario cristián dentro do proxecto educativo en sintonía co carácter propio do Centro, baseado no carisma de Francisco Blanco Nájera e Madre Soledad de la Cruz. O noso obxectivo fundamental é impulsar todos os ámbitos da pastoral desde unha cultura vocacional, para responder aos retos da nova evanxelización e así “educar evanxelizando hoxe”.
Os Grupos Divino Maestro de Ourense somos un grupo de nenos/as e mozos/as que queremos vivir unha experiencia cristiá a través da convivencia en grupo, fomentando a amizade, a unidade, o dar, o respecto e a solidariedade, crecendo nunha cultura de vida, onde renovar o noso compromiso por un mundo mellor, sendo Xesús a base da nosa existencia.
Reunímonos todos os martes de 15:30 a 16:30 h dende outubro ata xuño para realizar actividades, obradoiros, saídas, reunións, xogos grupais e oracións. Ao longo do ano tamén organizamos convivencias e campamento de verán.
Coleguillas de Xesús (3º e 4º EP)
Amigos de Xesús (5º y 6º EP)
Barca (1º y 2º ESO) GRUPOS
Remos (3º, 4º ESO, premonitores…)
Redes (Monitores)
*O pano é o símbolo que nos identifica como membros dos GDM. Entrégase cando existe un compromiso a aqueles membros dos GDM que levan connosco 3 anos.
O Departamento de Orientación leva a cabo actuacións de atención ao alumnado ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe co obxecto de favorecer a súa formación integral, así como facilitar o apoio, asesoramento e implicación das familias e do resto de axentes da comunidade educativa.
Forman parte do Departamento de Orientación unha orientadora, dúas especialistas en Pedagoxía Terapéutica (PT), unha especialista en Audición e Linguaxe (AL) ademais de persoal complementario de apoio educativo.
A labor do noso equipo pretende dar solución á diversidade do alumnado, tendo en conta os principios de ensinanza individual e persoal, a inclusión e adaptación social, a transición de cursos e etapas, a valoración e intervención nas dificultades da linguaxe e da aprendizaxe así coma o asesoramento e orientación académico-profesional, atendendo á cultura do esforzo e o compromiso por crear contornas de aprendizaxe ricos, motivadoras e esixentes.
Desde o Colexio e en colaboración directa coa Concellería de Sanidade do Concello de Ourense desenvolvemos a Escola de Nais e Pais que abrangue ás familias desde 4º de Infantil ata 4º de Secundaria e Formación Profesional Básica.
A familia ten un papel indiscutíbel no desenvolvemento integral dos nenos por ser a única institución na que o individuo participa durante toda a súa vida. Ten a capacidade de constituírse en transmisora de valores, costumes, hábitos, modelos de comportamento, así como en elemento de apoio, resolución de conflitos e sustento do estado del benestar
O que se pretende na “escola de nais e pais” e concienciar da función como educadores, formar na función educativa dos nosos nenos, establecer criterios de actuación. e apoiar na tarefa de educar a nais, pais e axentes educadores.