Servizo atendido desde as 7:30 h ata as 9:00 h, hora de comezo das clases da mañá en Infantil e Primaria. As familias elixirán a hora de entrada segundo as súas necesidades.
O alumnado usuario deste servicio entrará pola porta de Educación Infantil (R/ Río Corzo). Á hora de inicio da xornada lectiva o persoal de Madrugadores levará aos nenos/nenas ás súas respectivas aulas.
O programa vai dirixido a todos os alumnos e alumnas do Centro co fin de facilitar ás familias a conciliación entre a vida familiar e laboral.
O Colexio dispón de comedor escolar con servizo de catering a cargo da empresa Aixiña que cociña os seus alimentos con produtos naturais para ofrecer un menú san e equilibrado supervisado por expertos nutricionistas co fin de dar resposta ás necesidades de cada dieta concreta e atender ás diferentes intolerancias.
O servizo desenvólvese desde as 14:00h ata as 15:30h, inclúe a comida e un tempo de lecer ambos supervisados por persoal propio do centro e da empresa do catering.
Pódese facer uso do servizo de comedor durante todo o curso ou ben os días que fose necesario.
MENÚ XUÑO – MENÚ SEN SALMÓN – MENU SEN LACTOSA – MENÚ SEN PORCO – MENU SEN GLUTE
MENÚ MAIO – MENÚ SEN SALMÓN – MENU SEN LACTOSA – MENÚ SEN PORCO – MENU SEN GLUTE
A roupa deportiva colexial (chándal e camiseta ou polo) é obrigatoria para todos os nosos alumnos e alumnas, tanto para as clases de Educación Física, como para as saídas/excursións que organiza o Centro. O baby é obritagorio na etapa de Infantil. Adquírese online na tenda virtual
É imprescindible que todas as pezas vaian identificadas co nome e apelidos do alumno/a, a fin de facilitar a súa identificación no caso de extravío.
Responsable: Sheila González (administracion@divinomaaestrofeourense.com)
A Biblioteca é un servizo para toda a Comunidade Educativa que invita,axuda,motiva e facilita o acercamento á Lectura,á cultura e á sensibilidade creativa no ámbito escolar.
Préstamo
Dinamización das Linguas
Horario de Estudo
Obradoiro de Escritura
Voluntariado Biblioteca
Consulta de Fondos Bibliográficos online
Responsable: Patricia Borrajo Zon biblioteca@divinomaestrofeourense.com