Nesta etapa (4º, 5º e 6º de Educación Infantil) non buscamos que o alumnado adquira unicamente conceptos senón que tamén os educamos no respecto, na tolerancia, na solidariedade e na convivencia, formando así persoas responsables e felices.
A nosa ensinanza baséase nunha pedagoxía activa, por descubrimento e en continua actualización.
• Activa: a través dun aprendizaxe cooperativo onde os alumnos levan a cabo as tarefas de maneira colectiva adquirindo una función imprescindible dentro do seu grupo e por proxectos onde os nenos e nenas son os protagonistas do seu propio aprendizaxe.
• Por descubrimento: O que move o cerebro é a curiosidade, para iso proporcionámoslles estímulos que potencien o seu desexo de aprender, procurándolles distintas experiencias e aprendizaxes, e tendo claro que cada alumno ten o seu propio ritmo.
• Permanente actualización: dándolle unha especial importancia as novas tecnoloxías a través do emprego de tablets, ordenadores, pizarra dixital e a adquisición da lingua inglesa onde un profesor nativo auxiliar de conversa reforza as competencias do alumnado de cara o programa plurilingüe do centro.
A etapa de Educación Primaria é a primeira etapa obrigatoria do sistema educativo español.
Composta por seis cursos abarca idades dende os 6 ata os 12 anos.
Nesta etapa os alumnos/as adquiren os principais valores e hábitos de estudo e para a vida que marcarán o seu futuro académico e persoal.
Coa nosa metodoloxía, os nos@s alumnos/as síntense partícipes do proceso de ensinanza e aprendizaxe tendo sempre presente que: “xuntos aprendemos máis e mellor”.
Ofrecemos a cada alumno/a a posibilidade de potenciar a súas intelixencias máis desenroladas e de mellorar nas facetas que máis o precisen.
Ademais de traballar os contidos, estándares de aprendizaxe e obxectivos indicados pola lei, transmítese unha continua ansia por descubrir novos coñecementos, fomentando o esforzo, a responsabilidade, a autonomía e o traballo cooperativo, integrándose na realidade da súa contorna coa intención de crear hábitos e valores útiles para a súa vida cotiá, respectando a singularidade de cada un.
Na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria o obxectivo básico é que os alumnos maduren a nivel persoal e escolar, desenvolvendo os hábitos de estudo para que nun futuro vivan comprometidos na construción dunha sociedade máis fraterna e xusta.
Axudamos a desenvolver as competencias (combinación de coñecementos, destrezas, habilidades, actitudes e valores) dos nosos alumnos con:
Hábitos de traballo tanto individuais como en grupo.
Esforzo.
Autonomía e responsabilidade.
Confianza en si mesmo.
Sentido crítico.
Iniciativa.
Interese.
Desenvolvemento da creatividade…
A noso centro ofrece o Título Profesional Básico en Informática de Oficina, cunha duración de 2000 horas distribuídas en 2 cursos académicos.
Que título se obtén?
Superando o ciclo obtense o título profesional básico correspondente. Adicionalmente, os alumnos poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos da mesma.
Cal é a validez dos títulos?
Ten tanto valor académico como profesional. Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.
Requisitos de acceso?
Ter entre 15 e 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
Ter cursado 3º de ESO ou excepcionalmente ter cursado o 2º de ESO.
Acceso ao mundo laboral
Axudante de montador de sistemas microinformáticos.
Axudante de mantemento de sistemas informáticos.
Axudante de instalador de sistemas informáticos.
Axudante de instalador de sistemas para a transmisión de datos.
Auxiliar de oficina.
Auxiliar de servizos xerais.
Gravador-verificador de datos.
Auxiliar de dixitalización.
Operador documental.
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. No primeiro curso dedicaranse 35 horas á titoría, e 27 horas no segundo curso.
A noso centro ofrece o Título Profesional Grao Medio «Actividades Comerciais», cunha duración de 2000 horas distribuídas en 2 cursos académicos.
Que título se obtén?
Superando o ciclo obtense o Título de Técnico en Actividades Comerciais.
Cal é a validez dos títulos?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
Requisitos de acceso?
Ter o Título de Educación Secundaria Obligatoria.
Acceso ao mundo laboral
Representante comercial.
Axente de información e atención á clientelas.
Operador/ora de «contact centers».
Administrador/ora de contidos en liña.
Técnico/a en xestión de existencias e almacén.
Técnico/a en loxística de almacéns.
Responsable de recepción/expedición de mercadorías.
Auxiliar de dixitalización.
Xerente de pequeno comercio.
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia..