Na etapa de Educación Infantil acompañamos ao noso alumnado nunha aprendizaxe chea de experiencias, emocións e descubrimentos. Non só buscamos que adquiran coñecementos, senón tamén formar persoas respectuosas, solidarias, tolerantes e felices, preparadas para convivir e crecer nun entorno seguro e estimulante.
A nosa metodoloxía baséase nunha pedagoxía activa, dinámica e en constante actualización, onde cada neno e cada nena é protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.