A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa clave no desenvolvemento persoal e académico do alumnado, na que se consolidan os hábitos de estudo e se avanza cara á madurez, a autonomía e a responsabilidade.
O noso obxectivo é acompañar aos estudantes no seu crecemento integral, axudándolles a desenvolver competencias que integran coñecementos, habilidades, actitudes e valores, fundamentais para o seu futuro académico, profesional e persoal.
Promovemos unha formación baseada no esforzo, a constancia e a confianza nun mesmo, favorecendo a iniciativa, o pensamento crítico e a creatividade, ao tempo que se reforza o traballo individual e en equipo como base da aprendizaxe.
A través desta etapa, buscamos formar mozos e mozas comprometidos, capaces de tomar decisións responsables e de contribuír á construción dunha sociedade máis xusta, solidaria e fraterna.