A Educación Primaria é unha etapa fundamental e obrigatoria do sistema educativo, que abrangue dos 6 aos 12 anos e supón o inicio dun camiño decisivo no desenvolvemento académico e persoal do alumnado.
No noso centro, entendemos esta etapa como unha oportunidade para crecer, aprender e construír as bases do futuro. O alumnado convértese en protagonista da súa propia aprendizaxe, participando activamente nun proceso no que “xuntos aprendemos máis e mellor”.
A nosa metodoloxía fomenta a participación, a curiosidade e o traballo cooperativo, permitindo potenciar as intelixencias de cada alumno/a e atender ás súas necesidades de forma individualizada.
Ademais de traballar os contidos curriculares, promovemos valores esenciais como o esforzo, a responsabilidade, a autonomía e o respecto, sempre en conexión coa realidade da súa contorna.