MADRUGADORES
MADRUGADORES
Para facilitar a conciliación familiar teñen a súa disposición o servizo de Aula matinal – Madrugadores dende as 7:30h.
Acceder ao documento de inscripción pinchando aquí
Co obxectivo de garantir unha mellor atención e un espazo axeitado para todo o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria gozarán do espazo de lecer, e de 3º de Ed. Primaria en adiante empregarán a biblioteca, xa que consideramos que é un lugar tranquilo e acolledor para os nenos e nenas maiores, onde poderán realizar actividades como lectura, debuxar, xogos educativas, realizar tarefas ou simplemente pasar un rato de calma antes do inicio das clases.
A entrada para todos os escolares seguirá sendo como ata agora, pola rúa Río Corzos.